I Edición Premios “Connexio, espazos para a reflexión”

 

O Concello de Lugo convoca os I Premios “CONNEXIO, espazos para a reflexión”, para promover o patrimonio arquitectónico de Lugo, o Camiño Primitivo do Xacobeo, ao seu paso por Lugo, e dinamizar o tecido artístico, empresarial e turístico da comarca, establecer conexións entre os e as axentes culturais (empresas, creadores e creadoras, artesáns e artesás etc.), a veciñanza e os peregrinos e peregrinas e facelos así partícipes e parte activa do proxecto.

 

Aproveitando o paso do Camiño por Lugo e a influencia da execución do programa comunitario Europe Direct, xestionado desde o Servizo de Desenvolvemento Local do Concello, ponse en valor o contexto rural e os núcleos de poboación que o integran, co que se lle dá a Lugo unha maior dimensión e proxección cara a Europa.

 

O obxecto dos premios é a realización de seis intervencións artísticas en seis templos relixiosos situados no Camiño Primitivo de Santiago, ao seu paso por distintas parroquias do Concello de Lugo: Santa María en Gondar, San Lázaro na Capela do Carme, San Xóan Alto, San Vicente en Burgo, San Miguel en Bacurín e San Pedro de Abaixo en Mera. Todas as propostas deberán ser especialmente respectuosas co patrimonio arquitectónico, a contorna e o medio ambiente.

 

“Queremos poñer en valor o rural e os núcleos de poboación que o integran, darlle a Lugo unha maior proxección cara a Europa, ao aproveitar o paso deste itinerario xacobeo, que o ano pasado moveu a máis de 16. 000 persoas”. Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.

 

A través desta convocatoria premiarase a seis artistas creadores/ras nacionais pertencentes o ámbito de diversas disciplinas: artes plásticas, escénicas, musicais e/ou decorativas. Aceptándose proxectos que sexan, á súa vez, transversais entre calquera disciplina artística.

 

Outorgarase un premio de 3.000 euros por cada unha das propostas de intervención artística, esta dotación será aboada en dous prazos, a cada un dos/as seis gañadores ou gañadoras finalistas e irá destinada a cubrir os gastos de desenvolvemento, produción e execución (montaxe) da obra resultante da proposta premiada..


XURADO

O Xurado está formado por un comité de expertos e expertas composto por Susana González, Ángel Calvo Ulloa, César Carnero, María Esther Muñoz Mella e Norman Veiga Álvarez, como secretario do Xurado, con voz pero sen voto.

  • Ángel Calvo Ulloa

    Crítico de arte e comisario independente.

  • César Carnero Rodríguez

    Delegado de Patrimonio histórico-artístico e director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo.

  • Susana González

    Comisaria independente e xestora cultural.

  • Esther Muñoz Mella

    Directora da E.A.S.D. Ramón Falcón de Lugo.

  • Norman Veiga Álvarez

    Técnico do CEI Nodus do Concello de Lugo

 calendario e fallo

Fallo do Xurado dos Premios Connexio.


Bases do premio

Calendario:  datas e as fases a ter en conta:

Rexistro on- line (pre-inscrición) dos candidatos e das candidatas.

Confirmación de rexistro dos candidatos e as cadidatas á presente convocatoria.

A organización comunicará por e-mail ou telefónicamente a cada un dos/as candidatos/as, cuxa pre-inscrición fose recibida completa e correctamente, a confirmación de que foron aceptados/as para a seguinte fase: envío das propostas de intervención artística dos espazos.

 

Cada participante recibirá neste momento a información do espazo que terá que intervir (planos, fotos, localizacións, características, etc…). Esta asignación a vai realizar o comité técnico baseándose nas preferencias marcadas polos creadores e creadoras na pre-inscrición, a orde de recepción da mesma, e o criterio do comité tendo en conta as características de cada espazo e as prácticas artísticas de cada un dos creadores e das creadoras.

Envío e recollida das propostas de intervención artística.

As propostas deberán presentarse e enviarse de forma telemática seguindo todas as instrucións que se lles especifique aos candidatos e candidatas.

Comisión de valoración e fallo do Xurado.

O xurado fará unha selección de 6 obras/intervencións entre as propostas presentadas outorgando os seis Premios Connexio 2020. 

Do 10 ao 13 de agosto. Fallo do Xurado seguindo o sistema e criterios de valoración que se mostran nestas bases.

Comunicarase a resolución co nome dos/as seis premiados/as na primeira edición dos Premios “Connexio, espazos para a reflexión”.

Do 14 ao 16 de agosto. Firma e aceptación do compromiso adquirido, por parte de cada un dos/as seis premiados/as, para a produción e execución das obras da propostas gañadoras.

Do 17 ao 31 de agosto. Realizarase o primeiro abono parcial (1.500€) a cada un dos/as seis artistas premiados/as, co obxetivo de comezar a producir as obras ou intervencións artísticas a partir do 1 de setembro, nos espazos asignados.

Produción e execución das intervencións artísticas nos espazos.

Durante o mes de setembro os/as seis artistas gañadores/as levarán a cabo as súas intervencións artísticas, en base á proposta seleccionada (memoria) cumprindo o calendario de traballo presentado e as características técnicas descritas na proposta premiada.

 

Unha vez concluída e finalizada a intervención artística/obra realizarase o segundo e último abono do Premio a cada un dos artistas referidos por un importe de 1.500€.