XURADO

O Xurado está formado por un comité de expertos e expertas composto por Susana González, Ángel Calvo Ulloa, César Carnero, María Esther Muñoz Mella,  e como secretario/a do xurado, con voz pero sen voto, un técnico ou unha técnica do Concello de Lugo.

ANXO CALVO ULLOA

(Lalín, 1984)

Vive e traballa entre España e Brasil. Como  curador independente ha  comisariado proxectos como A cuestión é ir tirando, Centro Cultural de España en México (2020); Un, libre, redondo, autónomo, enteiro!  XXX Circuítos de Artes Plásticas da Comunidad de Madrid, Sala de Arte Nova, Madrid (2019); Insistir no mesmo. Volver sobre unha presenza suxerida,  Espai d’Art  Contemporani de  Castelló (2019); Episodios de Creación Contemporánea,  Numax, Santiago de Compostela (2019);  Ridyas:  Totem Total, Central Galería, São Paulo (2019); Durante a construción da muralla chinesa, galería Luís Adiantado, Valencia (2019); (…)

Pedro  G. Romero. Habitación. O Arquivo  F.X., as  chekas  psicotécnicas de  Laurencic e a función da arte – co- comisariada con Nuria  Enguita-, CA2 M (Madrid), A  Nau (Valencia) e  MNAC (Barcelona), 2018-2019;  Uma  presença suxerida,  iN  SPiTE  OF, O Porto (2018); Debaixo do brazo: entre a palma da man e a axila,  Caixaforum, Barcelona (2018); Fernando García: Interiores, CAB, Burgos (2018);   Taxio  Ardanaz: Causa, Tabacalera, Madrid (2017); Carlos Maciá: A  necesidade dá  cor, Fundación Luís Seoane, A Coruña (2017); Facer amar plantar árbores, Centro de Arte Alcobendas, Madrid (2017); 13 Bienal Internacional de Lalín, Pontevedra (2017);  Wily:  Uma tormenta,  Uma  certa falta de  coerência, O Porto (2017);  Intertextual, programa anual de proxectos específicos, MARCO, Vigo (2015-2016); Ter que sentir, Antigo Instituto Jovellanos, Xixón (2015); Do  rombo ao  hexágono hai dúas liñas – co- comisariada con Tania Pardo-, Galería Rosa Santos, Valencia (2015); Incluso unha paisaxe tranquila, Centro  Cívic Can  Felipa, Barcelona (2015); Aprender a caer, A Casa Acesa, Madrid (2014);  Crise de  identidade, Fundación Granell, Santiago de Compostela (2014); No coche de San Fernando, Salón, Madrid (2014);  Fugir para lado  algum,  Expedição, O Porto (2014); Diálogos Improbables,  Espazo  Nonlugar, Lalín (2013);  Welcome  to  my  loft: A arquitectura como utopía, ruína e abstracción, Centro Torrente Ballester, Ferrol (2012); Álvaro Negro:  Natureza! Estás  soa?, PALEXCO, A Coruña (2011); ou Un disparo de advertencia, proxecto de intervencións específicas no espazo público, Lalín (2011). Ha  comisariado a sección A conciencia das cousas, dentro do programa de Estampa, Madrid (2019).

Participou de residencias como Ende  der  party,  Tokonoma  Apartment,  Kassel (2014);  International  Curator  Residency,  Fire  Station  Artists  Studios, Dublín (2015); no programa  Komisario  Berriak, desenvolto entre  Tabakalera,  Azkuna  Zentroa e  ARTIUM dentro da Capitalidade Europea da Cultura Donostia-San Sebastián (2016);  Residência Paulo Reis,  Ateliê  Fidalga, São Paulo (2017); ou Travel  Grants  for  Curators  to Rusia, Vladimir  Potanin  Foundation e Fundación A  Caixa (2019). 

Na actualidade preparase xunto a Juan  Canela o libro Conversacións desde o  curatorial. Ideas, experiencias e afectos, para a colección  Paper de  Consonni.

CÉSAR  M. CARNERO  RODRIGUEZ

(Freituxe, Bóveda, 1963)

 

Cursou estudos filosófico-teolóxicos no Instituto Teolóxico Compostelán. Sacerdote desde 1988. Estudos de Conservación e Restauración de Arte Sacra (Madrid). Activo difusor do noso Patrimonio en programas de radio ou como presidente de Amigos Patrimonio de Lemos. Membro da Comisión de Patrimonio Histórico Artístico da Diocese de Lugo, membro da Comisión de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, membro do comité científico do Boletín do Museo Provincial de Lugo.

Na súa labor de  comisariado, destacar a exposición ‘Hoc  Hic  Mysterium… O esplendor da Presenza’ (2011/2012), que marcou a pauta para a nova museografía do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo ( MDC_ L), decano dos museos galegos, do que é Director (2012). Cóengo da Santa Iglesia Catedral de Lugo en 2010, co oficio de Fabriqueiro, ocupándose da súa conservación, consciente do seu alto valor patrimonial, recoñecido pola UNESCO coa súa incorporación como Patrimonio da Humanidade (2015).

 

César Carnero mantén un interese polo mundo da arte contemporáneo e o coleccionismo , proba diso é o I  Certame de Pintura  Concello de Monforte de Lemos (2004) de cuxo xurado foi secretario e o seu papel como xurado noutros certames de artes

 

Susana González

 

Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, Máster en Enxeñería da Valoración de Activos Artísticos pola Universidade Politécnica de Valencia e tesitanda en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Susana González vive e traballa na Coruña, onde fundou e dirixe a consultoría integral de arte Consultarte, dedicada á elaboración de proxectos culturais e á asesoría artística, tanto a nivel privado como institucional. Así mesmo, é  profesora convidada nas últimas edicións do Máster en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da arte da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Pola súa banda,  codirige o programa de residencias artísticas Charco, un proxecto de investigación e transversalidade creativa que une persoas e ideas entre os dous lados do Atlántico a través da arte contemporáneo. Charco parte da actividade creativa e da investigación artística como prácticas compartidas para desenvolver accións de conexión co local e de vinculación co social.


Desde 2018 dirixe a Colección de arte Fundación María José Jove. O interese polas investigacións sociais, a arquitectura e a interrelación entre disciplinas vertebran o traballo de Susana González como comisaria, inclinándose particularmente polas producións no ámbito da arte contemporánea latinoamericana e pola visibilización e posta en valor do traballo das creadoras no panorama artístico actual. Entre os seus comisariados máis recentes atópanse: Cabrita.  Work (always) un  progress, do artista Pedro Cabrita Reis (CGAC De Santiago de Compostela); A última das tribos, cos artistas  Zazil Barba, María Taniguchi, Pedro Cabrita Reis e José Dávila (Museo de Arte de  Zapopán, Guadalaxara-México); Cela Unidade, dos artistas Sergio Prego e Regina de Miguel (Instituto Cultural de León, León- Guanajuato, México); Prosa do Observatorio, da artista Adriana Bustos (Museo de Arte Contemporánea de Castela e León, MUSAC); Lugar: continxencias de uso, con obras  site- specific das artistas Patricia  Esquivias, Luciana  Lamothe e Sofía Táboas (Centro  Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, CGAC); ou A liña  Hejduk e Quefaceres e equilibrio, ambas as intervencións nas Torres  Hejduk da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), coas artistas Irma Álvarez-  Laviada e Sonia Navarro, respectivamente.

ESTHER MUÑOZ MELLA

Licenciada en Derecho por la Universidad Complutense de Madrid , Máster en Servicios Culturales por la Universidad de Santiago de Compostela , y Experta Universitaria en Propiedad Intelectual por la UNED, en la actualidad y desde el año 2009, es Directora de la Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo .

Ha ejercido como Concelleira de Educación y Formación Y Orientación Laboral desde 2011 a 2015 en la ciudad de Lugo .

Actualmente vive en Lugo y compagina la Dirección de la EASD Ramón Falcón , con la impartición de clases de la especialidad de FOL en dicha escuela.

 

Pese a no tener una formación artística la gestión de la Escuela le ha supuesto un contacto directo y continuo con el mundo del Arte y del Diseño asistiendo a numerosas xornadas, congresos y ponencias .

 

Ha sido jurado en varios concursos artísticos que han organizado diferentes instituciones públicas y privadas.