Creador: Jesús Otero-Yglesias

Espazo: Santa María de Gondar

Proxecto: “El Fulgor en la espesura”

“Polo vínculo directo co territorio no que se desenvolve esta proposta, a relación establecida con detalles ornamentais desta igrexa e a versatilidade que o proxecto manifesta.”

 

Ángel Calvo Ulloa, membro do Xurado dos ‘I Premios Connexio, espazos para a reflexión’.

“El Fulgor en la espesura’, de Jesús Otero-Yglesias (Proxecto de intervención en Santa María de Gondar).

A proposta de Jesús Otero- Yglesias parte das catorce cruces das paredes de Santa María de Gondar, as estacións da paixón de Cristo, simples cruces de madeira sen abelorios nin dourados. Propón seguir a senda da teoría de Holland e do xesto humilde, e significativo, que é trazar unha cruz. Xesto que non só ten o significado histórico e espiritual coñecido, tamén é a forma máis sinxela de ordenar un espazo e de orientarse nel. Unha proposta que inclúe a elaboración dunha colección de 60-100 pezas realizadas polo artista e convidando a participar coas súas propias pezas de cruz a veciños, artesáns, peregrinos e outros visitantes da igrexa ou do lugar.

Non quixen afastarme da dimensión espiritual do pequeno recinto a intervir, máis ben ao contrario pretendín salientar esta levándoa a un nivel que teña que ver coa creatividade, co encontro entre o persoal e o colectivo, co azar e o atopado. Jesús Otero-Yglesias

 

Jesús Otero-Yglesias (Lugo, 1963)

En 1993 obtén unha bolsa Unión Fenosa coa que se traslada a Bélxica onde tivo varias exposicións individuais e colectivas. Expuxo en boa parte do territorio nacional destacando individuais en Mirouna Mallorca Fundació (2004), na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela (2007), na Fundación Antonio Pérez de Conca (2005) e unha retrospectiva no Museo Provincial de Lugo (2013). Recibiu o Gran Premio de Honra da Real Academia de Belas Artes da Coruña (2000) e o Premio Pilar Juncosa e Sotheby, s da Fundación Pilar e Joan Miró de Mallorca (2004), ademais de distincións internacionais como o terceiro premio no certame dos Premios Europa da cidade belga de Ostende (1993).