Santa María de Gondar

Gondar (Santa María)

Igrexa parroquial situada nunha pequena freguesía do municipio de Lugo, 14 km, á esquerda da estrada de Fonsagrada, con acceso desde esta.

 

O templo parroquial elévase no poboado coroando un pequeno outeiro, que asemella vestixio dun castro. Cemiterio arredor. A nave cóbrese a dúas augas sobre armadura de madeira. Frontis barroco, de liñas sinxelas, espadana, dous vans, boa cantaría de granito, porta alintelada. O resto dos muros recóbrense de cal. Presbiterio máis elevado e reducido que a nave, catro augas. Arco triunfal, ceo de catro planos, unha ventá sur. Todo o piso, un pouco mergullado, é de laxas de granito. No acceso, ángulo esquerdo, pía bautismal de granito (0,90); un acceso en cada lateral da nave. Sancristía na parte posterior, con portas aos lados do altar.

 

Retablos e esculturas: o maior, neoclásico, sinxelo. Dúas columnas por lado enmarcan a fornela central. Nos laterais, Virxe do Carme (0,50) sobre peaña de tres anxos; san Roque (0,57) . Porta do sagrario con relevo de san Xoán Bautista. No ático, Cristo (0,57). Dous retablos laterais. Dereito, de sabor plateresco, humilde, unha fornela, século XVI; Virxe (0,70) con mans xuntas, peaña cun anxo. Lateral esquerdo, barroco popular, mediados do século XVII; santo Antonio 80,55); santo Bartolomeu (0,56); ático con relevo, santo Antonio e dous anxos laterais.

Texto © NRC Nicanor Rielo Carballo/Inventario artístico de Lugo y su provincia. Tomo III. Facha-Ludrio. Madrid 1980

Santa María de Gondar

Século XIX

Localización

Parroquia Gondar (Santa María), 27293 Lugo

Coordenadas

43º 01′ 26.9″ N – 7º 25′ 20.9″ W

Mapa Connexio

Category
Espazos