O templo actual é sinxelo, do estilo barroco máis típico do rural galego. Ademais de san Pedro, nesta parroquia foi tamén moi venerado san Silvestre, de feito, aínda se conserva unha imaxe no interior.
Nave rectangular con portas alinteladas no frontis e lateral dereito, capela maior rectangular con arco triunfal de medio punto e sancristía pegada ao lateral esquerdo. Esculturas de san Pedro (0,80), Inmaculada (0,55), san Silvestre (0,50), e santa Lucía (0,30), séculos XVIII- XIX, sen importancia artística.
Textos © JMGR José Manuel González Reboredo / Inventario artístico de Lugo y su provincia.
Séculos XVIII- XIX
San Pedro de Abaixo, Mera. 27233 Lugo
42º 57' 29.0" N - 7º 43' 04.9" W