A súa obra está representada en coleccións como a do CGAC, Fundación Barrié de la Maza, Colección MICA, Colección Circa XX—Pilar Citoler, Colección Purificación García, MAC Gas Natural Fenosa, MARCO de Vigo ou Colección Würtz.
O seu campo de acción tamén se estendeu á escritura, con ensaios ou textos sobre outros artistas, e ao comisariado, como o exercido na última edición do Bienal Pintor Laxeiro de Lalín, en exposciones individuais como Blind Wall, da da artista Irene Grau, ou en colectivas como Narrativas Monumentais. Figuras, paisaxes e rituais, no MAC Gas Natural Fenosa.
Outros reconocimentos inclúen o recente Premio Campocerrado Estampa 2019, o Premio Julián Trincado (2014) ou o segundo premio no Concurso Bienal de Fotografía Purificación García 2010. Tamén foi bolseiro recibiu a Bolsa Unión Fenosa de creación artística no estranxeiro (2007) e a Bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza para ampliación de estudos de posgrao no estranxeiro (2002).
Por último cabe destacar a Bolsa como residente na Real Academia de España en Roma (2017-2018), onde desenvolveu o proxecto A presenza pictórica como motivo, orixe da obra mostrada nas últimas edicións de ARCO en Madrid e Lisboa, tamén cun só project na feira Estampa, na colectiva Abundou en Felices Curiosiades (Espazo Valverde, Madrid) ou no seu recente individual Dea Roma ( F2 Galería, Madrid). Este período tamén será obxecto de revisión no CAB de Burgos, nunha exposición a inagurar en outubro deste ano e que vén complementar a visión retrospectiva que supuxo «E», exposición no CGAC (2017-2018) que puxo en perspectiva a súa traxectoria desde os inicios na segunda metade dos noventa. A publicación homónima que acompañou á mesma é o mellor complemento para penetrarse no seu itinerario artístico.